Organic Maps: camiñadas sen conexión, bicicletas, rutas e navegación
Organic Maps é unha aplicación de mapas sen conexión centrada na privacidade, con navegación GPS, gravación de tracks e planificación de rutas para facer sendeirismo, andar en bicicleta, correr e conducir. Totalmente gratuíta. Sen anuncios. Sen seguimento. Desenvolvida con amor pola comunidade de código aberto e polas mesmas persoas que crearon a aplicación MapsWithMe/Maps.Me. Usa datos de OpenStreetMap.
Despois de descargar os mapas, Organic Maps permíteche buscar lugares, planificar rutas, gravar tracks GPS e navegar sen conexión a internet. Explora sendeiros remotos ou viaxa ao estranxeiro sen datos móbiles nin cargos por itinerancia.
En outubro de 2026, Organic Maps superou os 12 millóns de instalacións. Axúdanos a medrar!
Descarga e instala Organic Maps desde AppStore, Google Play, FDroid, Huawei AppGallery, Obtainium, Accrescent




Características
Planifica viaxes, navega e explora con Organic Maps:
- Mapas detallados sen conexión con lugares que non existen noutros mapas, grazas a OpenStreetMap
- Gravación de tracks GPS con estatísticas en tempo real
- Planificación de rutas con varias paradas e optimización automática da súa orde
- Escolle entre as rutas máis rápidas e as máis curtas
- Navegación paso a paso a pé, en bicicleta e en coche, con indicacións de voz e compatibilidade con CarPlay/Android Auto
- Planificación de rutas de transporte público en autobús, tranvía, metro e tren lixeiro
- Busca rápida sen conexión no mapa
- Capas de rutas de sendeirismo, ciclismo e bicicleta de montaña
- Estilo de mapa para actividades ao aire libre que destaca sendeiros, zonas de acampada, cabanas, refuxios e fontes de auga
- Curvas de nivel, cumes, pendentes e perfís de elevación para rutas e tracks con datos de altitude
- Garda as rutas planificadas para usalas en viaxes futuras
- Importa, exporta e comparte marcadores e tracks GPS nos formatos KML/KMZ, GPX e GeoJSON
- Importa os lugares gardados en Google Maps do ficheiro
Saved Places.jsonde Google Takeout - Copia de seguridade e sincronización con iCloud (iOS)
- Engade e edita lugares directamente en OpenStreetMap
- Mide distancias en liña recta coa ferramenta Regra
- Modo escuro para protexer os ollos
- Artigos da Wikipedia para lugares populares
- Imaxes por satélite experimentais cun URL de servidor de teselas que ti indiques
- Gratuíta e de código aberto
Por que «Organic»?
Organic Maps é puro e orgánico, feito con amor:
- Respectamos a túa privacidade
- Aforramos batería
- Sen cargos inesperados de datos móbiles
Organic Maps está libre de rastreadores e outras cousas malas:
- Sen publicidade
- Sen seguimento
- Sen recollida de datos
- Sen rexistro molesto
- Sen titoriais obrigatorios
- Sen correos lixo
- Sen notificacións
- Sen programas lixo
Sen pesticidas¡Puramente orgánico!
Esta aplicación foi verificada por Exodus Privacy Project:
A aplicación de iOS foi verificada por TrackerControl for iOS:
Organic Maps non solicita permisos excesivos para espiarte:
En Organic Maps, cremos que a privacidade é un dereito humano fundamental:
- Organic Maps é un proxecto independente de código aberto impulsado pola comunidade
- Protexemos a túa privacidade das miradas indiscretas das grandes tecnolóxicas
- Mantente seguro sen importar onde esteas
Rexeita a vixilancia: abraza a túa liberdade.
Quen paga pola aplicación gratuíta?
A aplicación é gratuíta para todos. Por favor, fai unha doazón para apoiarnos!
Para doar inmediatamente, fai clic na icona do método de pago preferido a continuación:
Os queridos patrocinadores institucionais a continuación proporcionaron subvencións específicas para cubrir algúns custos de infraestrutura e financiar o desenvolvemento de novas funcións seleccionadas:
|
|
O proxecto de mellora de Busca e Fontes foi financiado a través do Fondo NGI0 Entrust. O Fondo NGI0 Entrust está establecido pola Fundación NLnet con apoio financeiro do programa Next Generation Internet da Comisión Europea, baixo a égida da DG Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxía baixo o acordo de subvención No 101069594. |
|
|
Google apoiou proxectos de estudantes no programa Google Summer of Code durante os programas 2022, 2023, 2024, 2025. Proxectos notables incluíron Android Auto, Extractor de envorcados da Wikipedia, Gravación de pistas para Android. |
|
O ISP Mythic Beasts proporciónanos dous servidores virtuais con ata 400 TB/mes de ancho de banda gratuíto para aloxar e servir descargas e actualizacións de mapas. |
|
|
FUTO concedeu unha micro-subvención de $1000 a Organic Maps en febreiro de 2023. |
Comunidade
Organic Maps é un software de código aberto licenciado baixo a licenza Apache 2.0.
- Únete ao noso programa beta para probar novas funcións, suxerir melloras e informar de erros:
- Informa de erros ou problemas no rastreador de incidencias ou envíanos un correo.
- Debate ideas ou propón solicitudes de funcións.
- Subscríbete ao noso canle de Telegram ou ao espazo matrix para obter actualizacións.
- Únete ao noso grupo de Telegram para falar con outros usuarios.
- Visita a nosa páxina de GitHub.
- Síguenos en FOSStodon, Facebook, Twitter, Instagram, Bluesky, Threads, Patreon, YouTube, Reddit, LinkedIn, TikTok.
